Hoxe foi o noso derradeiro día no campamentourbano de Quiroga Palacios, todos xuntos percorremos o Vello continente da man do noso entrañable amigo Willy Fog!!!Con el fomos visitando distintas capitais e países moi coñecidos por todos nós. Despois tamén cantamos e bailamos con el e escoitamos moitas das súas aventuras por todo o mundo!Willy tamén nos contou como comezara a súa fazaña de percorrer o mundo en tan só 80 días, e como ademáis gañou esa incrible aposta a pesar das moitas trabas que tivo que superar cos seus amigos de viaxe!Ao longo da mañá tamén nos acordamos das moitas aventuras que fomos vivindo xuntos ao longo desta maravillosa travesía!!!
Aínda que nos deu moita pena, Willy Fog tivo que marchar pronto para visitar a outros nenos que tamén estaban a dar a volta ao mundo! Pero a nós aínda nos quedaba unha mañá moi divertida que pasar!!! Da man das monitoras saímos ao patio para despedir o último día con uns magníficos xogos de auga... pero antes as monitoras pegáronnos uns bos mangueirazos...
E despois de secarnos e vestirnos rematamos o campamento xogando todos xuntos a algúns xogos tradicionais ata que os nosos pais e nais nos recolleron no campamento!
No hay comentarios:
Publicar un comentario