viernes, 24 de junio de 2011

Comezamos o campamento urbano en Quiroga Palacios

Unha vez que rematamos o colexio, pensamos en facer algo distinto e asistir ao campamento que se ía facer no Colexio Quiroga Palacios do día 23 ao 30 de xuño.
Chegamos o xoves alí de mañá, ás 8.00 algúns e outros ás 9.00, para non perder o costume do colexio... e quen estaba alí? Cris e Lucía, as nosas monitoras, e moitos nen@s, cos que iamos a compartir experiencias e pasalo ben... Aínda que algúns de nós choramos, outros chegamos alí nerviosos por non saber o que nos iamos atopar e outros iamos cun sorriso!!!
E ben, alí comezamos o día con xogos de presentación, pois non todos nos coñeciamos, claro, e que fixemos para iso? Pois dicir o noso nome, e coa letra coa que empeza o noso nome, dicir unha froita ou vexetal, é as veces non foi unha tarefa doada... porque hai certos nomes para os cales é difícil atopar froita, pero esa tamén foi unha forma de coñecernos e axudarnos, porque cando non se nos ocurría a uns, pois sempre tiñamos quen nos botase unha man... Despois, pechamos os ollos e desaparecía alguén da clase, e claro, debiamos saber o nome da persoa que se fora...
Así, desta maneira, deu tempo a que todos os nen@s chegasemos e poder comezar co campamento en si...
E aí vai: que iamos a facer nestes 6 días? Pois viaxar e dar a volta ao mundo! Si, a volta ao mundo en 6 días, incrible!! Pero para iso debiamos saber cousiñas do noso mundo, como cantos continentes hai, as cousas típicas de cada un... e alí fomos todos colaborando, para ter unha idea de cada un deles.... E así, chegounos a hora de poñernos a traballar, os maiores fixemos un mapa do mundo, mentras os pequenos nos adicamos a pintar as cousas máis importantes de cada continente e os distintos medios de transporte para ir dun lado ao outro... e cando nos decatamos, hora de merendar!!!
Saímos ao patio a comer e despois tivemos un tempo de xogo, parte del, libre e parte foi unha actividade organizada!!! En que consistiu a organizada? Pois en atarnos globos aos pés e estoupárnolos uns aos outros... e a cousa estivo moi reñida entre dous de nós, Hugo e Paula... e quen gañou? Pois aquí, temos que dicir, que imos todos a pasalo ben e que o importante foi participar, porque nós, o que vimos a facer é xogar, pasalo ben e sempre, como non, aprender algo novo!
Pasado un tempo, voltamos á clase a rematar o que comezaramos, e alí pegamos todo o que fixeramos durante a mañá! E quedounos algo superchulo:




E orgullosos do noso traballo, uns marchamos para a casa a xantar e outros ficamos alí a comer, as cousas ricas que nos tiñan preparadas.... Iso si, todos esperando que pasara rápido a tarde e maila noite, para voltar cos nosos novos amigos!!








No hay comentarios:

Publicar un comentario