miércoles, 29 de junio de 2011

E MARCHAMOS ATA AMÉRICA!!!

Xa nos queda pouco deste campamento, de feito mañá xa se acaba todo! E claro, cada vez nos quedan menos continentes para visitar!
A onde fomos hoxe?
    Pois á terra que nos descubriu Colón!!!
E que fixemos?
    Pois unha ensalada brasileira!!!
E como foi o proceso? Da seguinte maneira:
Picamos piña, pepinos, pomelos, pemento verde, leituga, tomate, melón, cenoria, cebola e algo máis? Cremos que non, porque tamén lle botamos millo pero iso non o tivemos que cortar... E así picamos:



A verdade é que menos mal que as monitoras nos deron todo pelado e limpo, e que nos botaron unha man aos que somos máis pequechos cortando a cenoria, xa que estaba algo dura e hai que ter moita forza para poder cortala, aínda que pensando ben, se comemos esta ensalada xunto cun bisté, imos medrar moito, ter moita forza e despois xa non teremos que pedir axuda...
E queredes ver como nos quedou? Pois así:


Só nos faltou unha cousa por facer... o aliño, pero seica é mellor facer iso xusto antes de comela... teremos que avisar aos papás e mamás de que vai sen sal, aceite e vinagre, acordarémonos?

Despois de tanto traballar, saímos un pouco a xogar libremente, porque había que limpar todo e claro, somos tantos que mellor deixar libre para recoller. E xa chegou a hora de merendar...
A continuación, os maiores rematamos un traballiño pendente... as máscaras que non deran secado o outro día, que nos quedaron desta forma:



E voltamos saír ao patio, onde xa estaban os pequenos a facer xogos típicos americanos... E a que se xoga por alá, pois a un xogo moi divertido onde uns están mortos e outros vivos.... e os vivos teñen que matar aos mortos cunha pelota... pasámolo en grande, ou non o vedes?


iso si, fixemos catro equipos en total



Como non, cando nos demos conta, xa era hora case de marchar, e fomos de volta para a clase, onde unha vez alí, cada un colleu a súa mochila e a ensalada que fixeramos; e xogamos outra vez ao de que animal son?.... Evidentemente, que animais tivemos que adiviñar que eramos? Un era unha boa, outro un loro..., vamos, que eramos os típicos americanos.
E así marchamos, sen saber a onde iremos mañá, aínda que sabemos que hai algo así como unha festa con auga...

No hay comentarios:

Publicar un comentario