martes, 28 de junio de 2011

VISITAMOS ÁFRICA!!!!!

Voltamos a luns ao campamento!!! Que sono tiñamos algúns!!! Claro, así foi que chegamos a contagotas.... é que claro, despois dunha fin de semana con tan bo tempo, deitando algo máis tarde, normal, non credes?
Iso si, todos estabamos intrigados por saber a onde iríamos, porque o venres marchamos sen saber nada, nin Cris nin Lucía nos dixeron nada de a onde iamos...
E sorpresa, fomos ao continente africano!!! Si, a este que nos queda xustiño debaixo de Europa... e que fixemos.... pois unhas máscaras!!! Queredes que vos contemos como?
Moi sinxelo, a encher os pulmóns de aire, coller un globo, poñelo na boca e a inflalo. A continuación, coller cola e a pegar anacos de papel hixiénico, capa sobre capa, e veña, outra vez capa sobre capa... E foi unha tarefa bastante dura, pois o globo escapaba, daba voltas e buf!!! Non había quen puidese con eles. Queredes ver como se fai?

e tamén así


xa vedes que desfeita!!!
E claro, a verdade é que pasamos tanto tempo pegando, que xa nos deu a hora de merendar, e alá fomos para fóra a tomar as cousas tan ricas que nos meteron nas mochilas os papás!!! E como non, despois dunha xornada tan dura de traballo e de repoñer enerxías, as profes deixáronnos xogar libremente...
Voltamos á clase, e xa secara a cola, co cal, tocou pintar a máscara de negro, pois por que se caracterizan as persoas que viven en África? Pois pola súa pel oscura, e así fomos pintando

a que queda chulo?
pero a que non sabedes como continúa o proceso?
Pois tivemos que explotar os globos, si! E a continuación recortar as caretas, para que quedaran da seguinte forma:



E claro, con tanta cola e pintura, non nos deron secado para continualas pintando, a pesar de que ese día, morriamos coa calor!!!
Así que nada, puxémonos a facer uns cadros con motivos africanos, deixando voar a nosa imaxinación e quedaron cousas tan bonitas como estas....



E veña, que case nos deu a hora de marchar! E que fixemos entón, pois mentres esperabamos a que nos viñesen a recoller ou a que nos puxeran a mesa, xogamos a algo moi divertido:
Un elexía un animal, a poder ser, que vivise no continente no que estabamos, e os demais tiñamos que facer preguntas para adiviñalo, pero a esas preguntas só nos respondía o elexido, con SI, NON ou TAL VEZ... claro, que así había que pensar moito como formular as preguntas.... E así nos despedimos o luns, pensando en todo o que fixeramos e en que nos esperaría ao día seguinte!

No hay comentarios:

Publicar un comentario