domingo, 3 de julio de 2011

REMATAMOS EN EUROPA DA MAN DE WILLY FOG






Aínda que nos deu moita pena, Willy Fog tivo que marchar pronto para visitar a outros nenos que tamén estaban a dar a volta ao mundo! Pero a nós aínda nos quedaba unha mañá moi divertida que pasar!!! Da man das monitoras saímos ao patio para despedir o último día con uns magníficos xogos de auga... pero antes as monitoras pegáronnos uns bos mangueirazos...






























E despois de secarnos e vestirnos rematamos o campamento xogando todos xuntos a algúns xogos tradicionais ata que os nosos pais e nais nos recolleron no campamento!

REMATAMOS EN EUROPA DA MAN DE WILLY FOG






Aínda que nos deu moita pena, Willy Fog tivo que marchar pronto para visitar a outros nenos que tamén estaban a dar a volta ao mundo! Pero a nós aínda nos quedaba unha mañá moi divertida que pasar!!! Da man das monitoras saímos ao patio para despedir o último día con uns magníficos xogos de auga... pero antes as monitoras pegáronnos uns bos mangueirazos...





























E despois de secarnos e vestirnos rematamos o campamento xogando todos xuntos a algúns xogos tradicionais ata que os nosos pais e nais nos recolleron no campamento!

miércoles, 29 de junio de 2011

E MARCHAMOS ATA AMÉRICA!!!

Xa nos queda pouco deste campamento, de feito mañá xa se acaba todo! E claro, cada vez nos quedan menos continentes para visitar!
A onde fomos hoxe?
    Pois á terra que nos descubriu Colón!!!
E que fixemos?
    Pois unha ensalada brasileira!!!
E como foi o proceso? Da seguinte maneira:
Picamos piña, pepinos, pomelos, pemento verde, leituga, tomate, melón, cenoria, cebola e algo máis? Cremos que non, porque tamén lle botamos millo pero iso non o tivemos que cortar... E así picamos:



A verdade é que menos mal que as monitoras nos deron todo pelado e limpo, e que nos botaron unha man aos que somos máis pequechos cortando a cenoria, xa que estaba algo dura e hai que ter moita forza para poder cortala, aínda que pensando ben, se comemos esta ensalada xunto cun bisté, imos medrar moito, ter moita forza e despois xa non teremos que pedir axuda...
E queredes ver como nos quedou? Pois así:


Só nos faltou unha cousa por facer... o aliño, pero seica é mellor facer iso xusto antes de comela... teremos que avisar aos papás e mamás de que vai sen sal, aceite e vinagre, acordarémonos?

Despois de tanto traballar, saímos un pouco a xogar libremente, porque había que limpar todo e claro, somos tantos que mellor deixar libre para recoller. E xa chegou a hora de merendar...
A continuación, os maiores rematamos un traballiño pendente... as máscaras que non deran secado o outro día, que nos quedaron desta forma:



E voltamos saír ao patio, onde xa estaban os pequenos a facer xogos típicos americanos... E a que se xoga por alá, pois a un xogo moi divertido onde uns están mortos e outros vivos.... e os vivos teñen que matar aos mortos cunha pelota... pasámolo en grande, ou non o vedes?


iso si, fixemos catro equipos en total



Como non, cando nos demos conta, xa era hora case de marchar, e fomos de volta para a clase, onde unha vez alí, cada un colleu a súa mochila e a ensalada que fixeramos; e xogamos outra vez ao de que animal son?.... Evidentemente, que animais tivemos que adiviñar que eramos? Un era unha boa, outro un loro..., vamos, que eramos os típicos americanos.
E así marchamos, sen saber a onde iremos mañá, aínda que sabemos que hai algo así como unha festa con auga...

IMOS XUNTOS ATA OCEANÍA!!!

Hola a todos!!!Hoxe foi unha mañá moi especial, quizais porque o noso destino de hoxe era o continente que menos coñecíamos. Nun principio todos asociábamos Oceanía a Australia, e non é así, hoxe descubrimos xuntos que Australia é un país de Oceanía, como tamén o son Nova Zelanda ou Papua Nova Guinea... menuda sorpresa.

Comezamos a mañá todos xuntos facendo uns mosaicos con lentella
s moi representativos do continente: a bandeira de Australia, canguros, koalas, ... en fin, un montón de debuxos que nos amenizaron a mañá e que nos descubriron un montón de cousas sobre estes países!!!


















As lentellas deronnos moitísimo traballo, pero foi moi divertido, sobretodo cando coloreamos o mosaico e nos quedou un debuxo perfecto sobre o continente do día. Falamos mentres almorzábamos dos animais típicos de Oceanía, dos deportes máis coñecidos dalí, das cores das bandeiras, ...


Despois saímos todos xuntos para o patio e xogamos a xogos tradicionais de Oceanía, como o Gemo de Papua Nova Guinea, que consiste en que hai dous equipos e un ten un membro que posúe o Gemo, un espírito. O Gemo ten que intentar pasarlle o espírito a outro membro de equipo contrario, e así sucesivamente.








Outro xogo moi interesante ao que xogamos é ao What time is it Mr. Wolf? Para este dividímonos en grupos, en cada grupo había un lobo ao que lle tiñamos que pedir a hora, segundo a hora íamonos acercando ao lobo, éste a veces podía responder "é a hora de comer" (It´s time to eat) e tiña que pillar a alguén que pasaba a ser o novo lobo







Xogamos a moitos xogos durante a mañá, pero coma sempre chegou a hora de recoller e marchar para a casa, desexando pronto volver e saber o continente ao que nos desprazaremos mañá!!!


martes, 28 de junio de 2011

VISITAMOS ÁFRICA!!!!!

Voltamos a luns ao campamento!!! Que sono tiñamos algúns!!! Claro, así foi que chegamos a contagotas.... é que claro, despois dunha fin de semana con tan bo tempo, deitando algo máis tarde, normal, non credes?
Iso si, todos estabamos intrigados por saber a onde iríamos, porque o venres marchamos sen saber nada, nin Cris nin Lucía nos dixeron nada de a onde iamos...
E sorpresa, fomos ao continente africano!!! Si, a este que nos queda xustiño debaixo de Europa... e que fixemos.... pois unhas máscaras!!! Queredes que vos contemos como?
Moi sinxelo, a encher os pulmóns de aire, coller un globo, poñelo na boca e a inflalo. A continuación, coller cola e a pegar anacos de papel hixiénico, capa sobre capa, e veña, outra vez capa sobre capa... E foi unha tarefa bastante dura, pois o globo escapaba, daba voltas e buf!!! Non había quen puidese con eles. Queredes ver como se fai?

e tamén así


xa vedes que desfeita!!!
E claro, a verdade é que pasamos tanto tempo pegando, que xa nos deu a hora de merendar, e alá fomos para fóra a tomar as cousas tan ricas que nos meteron nas mochilas os papás!!! E como non, despois dunha xornada tan dura de traballo e de repoñer enerxías, as profes deixáronnos xogar libremente...
Voltamos á clase, e xa secara a cola, co cal, tocou pintar a máscara de negro, pois por que se caracterizan as persoas que viven en África? Pois pola súa pel oscura, e así fomos pintando

a que queda chulo?
pero a que non sabedes como continúa o proceso?
Pois tivemos que explotar os globos, si! E a continuación recortar as caretas, para que quedaran da seguinte forma:



E claro, con tanta cola e pintura, non nos deron secado para continualas pintando, a pesar de que ese día, morriamos coa calor!!!
Así que nada, puxémonos a facer uns cadros con motivos africanos, deixando voar a nosa imaxinación e quedaron cousas tan bonitas como estas....



E veña, que case nos deu a hora de marchar! E que fixemos entón, pois mentres esperabamos a que nos viñesen a recoller ou a que nos puxeran a mesa, xogamos a algo moi divertido:
Un elexía un animal, a poder ser, que vivise no continente no que estabamos, e os demais tiñamos que facer preguntas para adiviñalo, pero a esas preguntas só nos respondía o elexido, con SI, NON ou TAL VEZ... claro, que así había que pensar moito como formular as preguntas.... E así nos despedimos o luns, pensando en todo o que fixeramos e en que nos esperaría ao día seguinte!

domingo, 26 de junio de 2011

VISITAMOS ASIA







Hoxe chegamos ao campamento todos cunhas ganas tremendas de saber o destino que nos esperaba para este día! Foi unha grande sorpresa para todos saber que Asia sería o primeiro continente que iamos visitar, porque aínda que nos parecese mentira había moitas cousas misteriosas que iamos descubrir sobre este fermoso lugar.Comezamos a mañá facendo todos xu
ntos un fermoso abanico típico de China, foi moi doado e divertido po
rque esparexemos un montón de purpurina e cinta de cores por toda a
estancia, e os abanicos quedaron moi logrados. Ademáis aprendemos a escribi
r con letras chinas o noso nome para poder diferenciar uns abanicos doutros, os máis cativos pasárono en grande pintando con tinta negra os seus abanicos e cortando
as cintas de cores.

Despois de tomarnos un descanso para comer e repoñer forzas fixemos unha jinkana moi divertida cunhas probas moi laboriosas: primeiro tivemos que buscar un mapa de Asia
por toda a cociña, cada grupo tiña que atopar o mapa en menos de 100 se
gundos e recompoñelo...














... pero só dous grupos conseguiron atopalo e reconstruir o mapa.

Outra proba consistía nunha batería de preguntas sobre o continente, e foi moi interesante porque descubrimos cousas tan interesantes como que Xapón ten máis de mil illas, ou que a capital de Iraq se chama Bagdad, ... A última proba tamén foi moi divertida, tivemos que escribir os nomes de todos os integrantes do grupo... pero en LETRAS CHINAS!!! A verdade é que nos deu moito traballo, pero mira que concentradiños se nos ve...

Para rematar a mañá as monitoras léronnos un conto oriental dun coello que enganaba a un tiburón para chegar ata unha illa, e despois burlábase del, por iso aprendimos a que non debemos utilizar aos demáis para acadar as nosas metas, senón que debemos de ser honrados.roba tamén foi moi divertida, porque tiñamos que escribir nunha folla todos os nomes dos integrantes do grupo... pero en LETRAS CHINAS!!!
A verdade é que nos levou bastante tempo. Con todo isto os gañadores foron dous grupos, que levaron o trofeo de Asia, pero o resto tamén tivemos o noso premio!!!

Agora só nos queda saber que trepidante continente imos visitar o próximo día!!!


viernes, 24 de junio de 2011

Comezamos o campamento urbano en Quiroga Palacios

Unha vez que rematamos o colexio, pensamos en facer algo distinto e asistir ao campamento que se ía facer no Colexio Quiroga Palacios do día 23 ao 30 de xuño.
Chegamos o xoves alí de mañá, ás 8.00 algúns e outros ás 9.00, para non perder o costume do colexio... e quen estaba alí? Cris e Lucía, as nosas monitoras, e moitos nen@s, cos que iamos a compartir experiencias e pasalo ben... Aínda que algúns de nós choramos, outros chegamos alí nerviosos por non saber o que nos iamos atopar e outros iamos cun sorriso!!!
E ben, alí comezamos o día con xogos de presentación, pois non todos nos coñeciamos, claro, e que fixemos para iso? Pois dicir o noso nome, e coa letra coa que empeza o noso nome, dicir unha froita ou vexetal, é as veces non foi unha tarefa doada... porque hai certos nomes para os cales é difícil atopar froita, pero esa tamén foi unha forma de coñecernos e axudarnos, porque cando non se nos ocurría a uns, pois sempre tiñamos quen nos botase unha man... Despois, pechamos os ollos e desaparecía alguén da clase, e claro, debiamos saber o nome da persoa que se fora...
Así, desta maneira, deu tempo a que todos os nen@s chegasemos e poder comezar co campamento en si...
E aí vai: que iamos a facer nestes 6 días? Pois viaxar e dar a volta ao mundo! Si, a volta ao mundo en 6 días, incrible!! Pero para iso debiamos saber cousiñas do noso mundo, como cantos continentes hai, as cousas típicas de cada un... e alí fomos todos colaborando, para ter unha idea de cada un deles.... E así, chegounos a hora de poñernos a traballar, os maiores fixemos un mapa do mundo, mentras os pequenos nos adicamos a pintar as cousas máis importantes de cada continente e os distintos medios de transporte para ir dun lado ao outro... e cando nos decatamos, hora de merendar!!!
Saímos ao patio a comer e despois tivemos un tempo de xogo, parte del, libre e parte foi unha actividade organizada!!! En que consistiu a organizada? Pois en atarnos globos aos pés e estoupárnolos uns aos outros... e a cousa estivo moi reñida entre dous de nós, Hugo e Paula... e quen gañou? Pois aquí, temos que dicir, que imos todos a pasalo ben e que o importante foi participar, porque nós, o que vimos a facer é xogar, pasalo ben e sempre, como non, aprender algo novo!
Pasado un tempo, voltamos á clase a rematar o que comezaramos, e alí pegamos todo o que fixeramos durante a mañá! E quedounos algo superchulo:




E orgullosos do noso traballo, uns marchamos para a casa a xantar e outros ficamos alí a comer, as cousas ricas que nos tiñan preparadas.... Iso si, todos esperando que pasara rápido a tarde e maila noite, para voltar cos nosos novos amigos!!